Friday 26 de April de 2024

O Concello mellorará a rede de saneamento en varios tramos de Bribes co POST


As obras encóntranse en fase de licitación e poderían dar comezo antes do outono

O Concello de Cambre licitou a obra “REDE DE SANEAMENTO Y PAVIMENTACIÓN EN PEIRAIO(BRIBES), CAMBRE 2013” no marco das bases reguladoras do “PLAN DE OBRAS Y SERVIZOS 2014 (POST) ” como un dos proxectos que se presentan ao plan complementario. No núcleo dePeiraio na parroquia de Bribes, existe unha rede de saneamento que discorre pola estrada principal, e recentemente se detectaron conexións erróneas de desaugadoiros de lavadoiros á rede de pluviais polo que é necesaria unha obra que mellore a rede de augas fecais para varios dos camiños municipais desta parroquia e a súa conexión á rede existente. Por outra parte, tamén está prevista a reparación dun tramo de aproximadamente uns trinta metros da rede de pluviais existente e en mal estado. Ademais, pavimentarase parte do vial que conecta as parrouias de Bribes eCecebre.
Os técnicos municipais estiman que as obras deberán realizarse no prazo de tres meses, contados a partir da data da firma da acta de comprobación da reformulación, polo que cren que poderían estar listos antes de que finalice este ano. O presuposto para as mencionadas actuacións supera os 80.000 euros na licitación.